miércoles, 1 de febrero de 2023

MERENDA RICA RICA........

 APROVEITANDO QUE ESTAMOS TRABALLANDO UN DOS NOSOS ANIMAIS DA GRANXA FIXEMOS UNHA MERENDA ESPECIAL CON DIFERENTES ALIMENTOS QUE PODEMOS OBTER DO PORCO



GRAZAS POLA COLABORACIÓN

martes, 31 de enero de 2023

viernes, 27 de enero de 2023

COLABORA COA PROTECTORA DE ANIMAIS

 HOXE OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO VIÑERON PRESENTARNOS A PROTECTORA DE ANIMAIS "ARUME". PODEDES VER AQUÍ A INFORMACIÓN QUE NOS DEIXARON. SE DESEXADES COLABORAR CO SEU POSTO DE RECOLLIDA PODEDES FACELO.





miércoles, 25 de enero de 2023

A OVELLIÑA QUE VEU A CEAR

AS TARTARUGAS RECIBIRON UNHA NOVA VISITA NA AULA. QUEN CHEGARÍA ESTA VEZ Á GRANXA?


UNHA OVELLIÑA TROUXOLLES UN CONTO BEN FERMOSO. 


ESTES DÍAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO QUE PODEMOS OBTER DAS OVELLAS, AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E QUE SIGNIFICA A PALABRA ESQUILAR. ENTRE TOD@S DESCUBRIMOS EN QUÉ CONSISTE CORTAR A LA DESTE ANIMAL.






viernes, 20 de enero de 2023

NOVO PROXECTO: OS ANIMAIS

 NESTES DÍAS AS TARTARUGAS ESTÁN RECIBINDO A VISITA DE VARIOS ANIMAIS NA SÚA AULA. ADIVIÑADES DE QUEN SE TRATA?


UNHA MAÑÁ AS TARTARUGAS DESCUBRIRON QUE UNHAS PEGADAS SOSPEITOSAS SE DIRIXIAN A SÚA CLASE. SABEDES QUE DESCUBRIRON?


A VACA MACARENA TROUXOLLES UN NOVO CONTO. QUEREDES COÑECER Á VACA MACARENA? MIRADE A SEGUINTE FOTO. AS TARTARUGAS FIXÉRONLLE UN CADRO.


COA VACA MACARENA APRENDEMOS MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS AS COUSAS QUE PODEMOS OBTER DESTE ANIMAL. 

A VACA MACARENA ENSINOUNOS A ELABORAR QUEIXO FRESCO COA SÚA LEITE. 





Á NOSA GRANXA IRANSE INCORPORANDO DIFERENTES ANIMAIS. ONDE NOS DIVERTIMOS COA MESA TUFF. ESTADE ATENTOS PARA DESCUBRILOS.


AS TARTARUGAS PÍDENVOS QUE SIGADES COLABORANDO CON ELAS PARA SEGUIR INVESTIGANDO E APRENDENDO.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

martes, 10 de enero de 2023

ANIVERSARIO

 COMEZAMOS O TRIMESTRE CELEBRANDO UN NOVO ANIVERSARIO💥🍰

PARABÉNS ANTÓN!😍



viernes, 23 de diciembre de 2022

BO NADAL

 ESTES DÍAS DE NADAL  ESTIVEMOS TRABALLANDO NA  MESA TUFF, DECORAMOS A NOSA ÁRBORE E CONSTRUÍMOS UN FERMOSO SANTA CLAUS.







          ASI DE ELEGANTES SE DESPIDEN AS TARTARUGAS ATA O VINDEIRO TRIMESTRE. 


BO NADAL